Seguidores

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAMOS AS LETRAS DESDE A DISTANCIA

BENVIDAS E BENVIDOS
 Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!
QUE BEN O IMOS PASAR!

O 17 de maio é unha data moi especial para todos os galegos e as galegas. Este día sérvenos para recordar e valorar a nosa lingua, costumes e tradicións e unha arqueoloxía e arquitectura única.





Ademais, permítenos homenaxear a escritores como Ricardo Carvalho Calero este ano, coñecendo a súa vida e todo o que aportaron á nosa cultura co seu traballo.






Propoñémosvos uns cantos xogos para compartir en familia, sobre todo os máis pequenos.
Lembrade facer uso de todo o que vos ofrece cada actividade, para así aproveitalas ao máximo.
Desfrutaredes dunha mellor experiencia se activades o son e poñendo o xogo en pantalla completa dándolle aos tres puntiños que verás na parte inferior dereita (se o fas desde o móbil colócao en horizontal). 😉

Gustaríanos moito que compartísedes connosco a vosa experiencia nos comentarios.

"Galicia somos nós: 
a xente e mais a fala, 
se buscas a Galicia, 
en ti tes que atopala."
(Manuel María)
Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario