Seguidores

domingo, 28 de febreiro de 2021

TRAMAMOS ALGO



 

FÓSILES DE DINOSAUROS

 Martín compartiu connosco unhas reproducións de fósiles de dentes e garras de diferentes dinosauros. 



RADIO ACABANAS

 Radio Cabanas é o corazón do noso colexio. É moito máis que un espazo de radio escolar. Radio Cabanas únenos; radio Cabanas contribúe a crear un bo clima de convivencia, radio Cabanas axúdanos á expresión oral...Queremos a RADIO CABANAS!

Non deixedes de ver a entrevista a Rosalía!

 

sábado, 13 de febreiro de 2021

COMO MEDRAMOS!

Hai uns días buscando algo polo blog de Libroucho atopei un video de cando estabamos na aula de 3 anos.Compareino co video de Nadal. Hai que ver como medraron e que de cousas aprenderon!

O venres vímolos xuntos e falamos destas imaxes que, tan ben, reflicten o cambio.  






 

ALEGRÍA

 Alegría de estar xuntos cada día. Ata este curso non éramos conscientes do importante que é. Eu saboreo cada día como se fose un regalo. Grazas familias por cpidar e coidarnos. 




xoves, 4 de febreiro de 2021

ALERTA POR BO TEMPO

 Non podíamos deixar escapar este día de sol! Por iso tivemos doblete de patio. Din que hai un óso de dinosauro enterrado. 












martes, 2 de febreiro de 2021

ENGLISH CLASS

 Deixo imaxe da sesión de ioga que fixemos con Natalia.










NOVO XOGO NA AULA

 Aquí estamos cun novo xogo que nos vai permitir usar esa chave da que falamos en anterior publicación. 


UNHA POSTAL PARA PAPÁ

 Seguimos a escribir postais. Pedazo debuxos tan chulos que fixeron este luns e que de mensaxes cariñosas! Está claro que cando hai amor todo sae mellor. 




NACE CORAZÓN

 A semana pasada naceu un dinosauro na aula. Entre todos pensamos o nome. 




A CHAVE DA IMAXINACIÓN

 Hai uns días levaron para casa unha chave moi importante. 


luns, 1 de febreiro de 2021