Seguidores

sábado, 23 de xaneiro de 2021

DINOSAURUS SONG

 

DINOSAURS SONG

Today we were learning the body parts in English with a song: Sing it at home!

 

Hoxe estivemos aprendendo as partes do corpo cunha canción: Cantádea na casa!

xoves, 21 de xaneiro de 2021

DE NOVO SON DE SON

 Que luxo é empezar a xornada cunha boa selección musical e unha proposta como a que vivimos onte, mércores. 


Para empezar, esa mañá non había música. Desa maneira comprobamos se se decataban do feito. E si, decatáronse. 


Logo escoitamos unha peza durante máis de 3 minutos  e ao rematar eu fun chamándoos un por un para preguntarlles en que lles fixo pensar esa peza musical. Algunhas respostas foron: 

  • Tristeza
  • En la playa
  • Cosas guais
  • Gatos y unicornios
  • Voda 


martes, 19 de xaneiro de 2021

MATEMÁTICAS E DINOSAUROS

 Hoxe tiñamos que realizar un reparto de dinosauros. Na aula había moitos e pensando nos compañeiros de 4 anos decidimos repartir á metade. Empezamos clasificando por tamaños, para despois, sen contar, dicir canto teríamos. Posteriormente contamos e vimos quen estaba máis cerca desa cantidade. 

Habúia 68. 




Resulta moi recomendable facer este tipo de exercicios. na casa podedes aproveitar moitos momentos: froitas, gaietas dun paquete, pinzas da roupa... 



luns, 18 de xaneiro de 2021

domingo, 17 de xaneiro de 2021

ASEO NOVO

 Empezamos este trimestre cunha novidade imprtante. Temos un aseo de uso exclusivo e con entrada directa dende a aula. 




luns, 11 de xaneiro de 2021