Seguidores

domingo, 13 de decembro de 2020

ESCRIBIMOS POSTAIS

 Empezamos cunha nova actividade de escritura. 

Para querer escribir precisamos MOTIVACIÓN E unha FINALIDADE. 


Un día Martina chegou con felicitacións de Nadal para todos. Tras facer unha caixa de correos empezamos con esta actividade. 

Cada un escribiu o seu nome nun papel. Logo cada quen colleu un sen mirar. Na postal había que escribir por que me gustas. 


Desta maneira escribimos unha postal; non vexades como se concentraron! seguiremos escribindo!






mércores, 9 de decembro de 2020

ACTIVIDADE COLABORATIVA "PLANTAR PARA O PLANETA"

Nesta actividade participamos as familias, a ANPA e o colexio.

 Recordades cando na casa fixéchedes unha maceta? Pois xa están medrando as landras. Fainos moita ilusión ver como xerminaron.

Grazas ANPA por promover esta actividade! 




















xoves, 19 de novembro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE

 Un dos proxectos que iniciamos este curso é Educación Responsable.

A través deste video podedes coñecer algo deste programa, aínda que o principal será o que vaiades vendo nos vosos fillos e fillas. 





mércores, 11 de novembro de 2020

GRANDES MOMENTOS SON DE SON

 Como sabedes,  cada día unha música acompaña a nosa entrada. No blog Son de son podedes coñecer o que escoitamos, vemos e do que falamos. Sempre facemos a referencia á emoción que xorde, con total respecto...Son momentos únicos e irrepetibles. 


Non deixedes de seguir esta estela de emoción.


.  MÉRCORES 11/11.HUMAN,2015.

Yann Arthus -Bertrand é un fotógrafo francés mundialmente coñecido polos numerosos libros de fotografías aéreas do noso planeta, as súas paisaxes e xentes. Na nosa Biblioteca temos algún. Tamén fai documentais coma este, do que presentamos algún cachiños...

Recomendamosvos o de HOME(fogar), do ano 2009.
Aquí o tés, por se che interesa.
Outro tamén ben interesante é Planeta Océano.

mércores, 4 de novembro de 2020

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe fomos ver a biblioteca. Encantounos o novo espazo que temos. Alí estaba o amigo Libroucho. 







mércores, 21 de outubro de 2020

CONTOS XEOMÉTRICOS

Cada semana Nati ten un montón de propostas, retos ou desafíos, moi divertidas e creativos, cos que traballan un montón de conceptos. 

Nesta proposta de "Conto xeométrico"  xogaron a asociar as formas a un determinado conto e tamén a crear seus propios contos. 











xoves, 15 de outubro de 2020

SUPERLOLA

 Hai na rede cancións que dan moito xogo. Ésta é unha delas. Despois de escoitala falamos de ser superheroes e superheroínas no colexio. Dixeron que podíamos rescatar gatos (igual é dificil atopar algún) pero seguro que dando unha volta polo colexio atopamos moito que facer. 

Tiñan claro que unha misión pode ser axudar a un pequeno. 

Para a misión preciso que teñan no colexio a máscara de inicio de proxecto e unha capa (se a tedes na casa) Eu podo conseguir para quen non teña capa. 




LER MOLA

 Este mes vaise inaugurar a Biblioteca. Libroucho pediunos que lle axudásemos a decorala. Despois de pensar que podíamos poñer no cartel. empezamos a facer as letras co  corpo. Outra forma de facer lectura e escritura. 

Eles mesmos dicían como poder facela. resultou realmente divertido. Para ver ben o efecto subimonos ás cadeiras. 






martes, 13 de outubro de 2020

CONTINUAMOS COS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

 Esta temática está a dar moito de sí. Hoxe contamos un conto moi bonito do que vos deixo o enlace. Nós vímolo en papel (sempre o prefiro). Despois da lectura falaron dos poderes que teñen seus pais e as súas nais. Xa veredes as conversas!



No xogo por recantos esta semana temos novas propostas. Mirade o que facemos en "creatividade" Precisamos o cartón do papel hixiénico. Eles xa saben que teñen que traelo. Nesta idade é importante que vaian facéndose responsables dos recados. 















martes, 29 de setembro de 2020

LETRAS AMIGAS

 Esta semana empezamos coa letra S.Resulta algo complicada a súa grafia por iso cando a facemos dicimos "curva para atrás e curva para diante" pois se imos para diante vai saír un 2 . 


O xogo de hoxe foi buscar pola clase obxectos que tivesen o son S en 2 minutos (para iso puxemos un cronómetro). Como somos 10 tiñamos que conseguir 10 puntosa e non foi tan mal, chegamos a 5. 


Neste curso, no que quizás falten máis por precaución e con síntomas leves,  enviarei aos que teñan que quedar na casa a tarefa desa semana. 

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

 Como xa sabedes esta semana iniciamos un proxecto do que saben MOITO. Quedei abraiada coa cantidade de información que teñen. 

Hoxe xa empezamos a falar dos poderes que eles tiñan e cada un foi dicindo: velocidade, amabilidade, durmir moito...


En Son de son hoxe o tema era os Superheroes. Recordade entrar no blog para ver xuntos os videos. 


Deixo aquí un dos contos que vimos: 



xoves, 24 de setembro de 2020

OS ANIVERSARIOS

 Este curso imos celebrar os aniversarios do seguinte xeito. 

  • Cantando. 
  • Facendo un retrato.
  • Dicindo o que nos gusta dese neno ou nena ou as cousas que fai ben. 
  • Creando unha máquina ou artiluxio imaxinario de agasallo (cun debuxo) que poda gustarlle. 
Con esta actividade traballamos a creatividade e fomentamos a autoestima. 

Celebramos xa o de Martín e martina e virán os de Grisleiny e fFelipe pero iremos celebrando os aniverdarios dos que cumpriron anos no verán. Todos terán o seu día especial! 


luns, 21 de setembro de 2020

SON DE SON

 Cada mañá empezamos cunha actividade de musica. ESTE PROXECTO CHÁMASE sON DE sON . No seguinte enlace podedes ver unha explicación do mesmo. E na casa tamén podedes seguir este blog. 


https://sondeson2021.blogspot.com/

luns, 21 de setembro de 2020

" Unha canción". Xoán Curiel, 2014.

Hoxe remata o verán...e  despedímonos  del con esta estupenda  viaxe  coa  imaxinación.
Xoán Curiel  é  outro dous  moitos artistas  galegos que fan  cancións para  vós.  Naceu en  Fonsagrada (Lugo); e  ademais de músico e cantante,  é actor e bailarín.
Non ano 2014  presentou" Estamos no verán!!!", un libro- disco infantil.
Estade  moi atentos,porque  cando remate  teredes que  respostar a  unha pregunta.
Hai  catro escenarios  principais  onde  transcorre a acción:  noite, sala de baile,  praia, e..........................

"Un día  fixen  unha canción
sen saber  nin  comezar..."
Probaches?

martes, 15 de setembro de 2020

O RATO PÉREZ

 CANDO CHEGAN AOS 5 ANOS ACONTECE UN FEITO NAS SÚAS VIDAS QUE VAI CAUSAR MOITO INTERESE: A CAÍDA DOS DENTES. 

ESTA SEMANA FIXEMOS UNHA CAIXIÑA PARA GARDAR OS DENTES CANDO CAEN E NON PERDELOS. PODE ESTAR NA MOCHIJA DO COLEXIO. 



HAI  MOITA LITERATURA RELACIONADA CO RATO PÉREZ. HOXE VIMOS UN CONTO: 




luns, 14 de setembro de 2020

CANTAS GANAS TEMOS DE VIR AO COLEXIO?

 HOXE ESTIVEMOS MEDINDO AS GANAS QUE TEMOS DE VIR AO COLEXIO. PARA ISO SITUANDO NUNHA ESCALA DO 1 AO 5 O NOSO NOME. 

1 SEN GANAS E 5 MOITAS GANAS. O RETO AGORA É MANTER ESTE ENTUSIASMO. 



EMPEZAMOS NOVO CURSO

 ELIXO UNHA VIÑETA MOI GRÁFICA DA SITUACIÓN COA QUE INICIAMOS ESTE CURSO 2020-21



luns, 22 de xuño de 2020

PECHADO POR VACACIÓNS

FAGO ESTE ENTRADA PARA PECHAR O BLOGUE ATA SETEMBRO. 

PENSO QUE O BLOGUE É UN BO INSTRUMENTO DE COMUNICACIÓN CON VÓS ASÍ QUE QUEDA XA COMO RECURSO NO VINDEIRO CURSO. EU IREI POÑENDO INFORMACIÓN DO QUE FAGAMOS E ASÍ VÓS PODEDES CONVERSAR COS VOSOS FILLOS E FILLAS. 

NON CANSAREI DE DARVOS AS GRAZAS. RECIBIDE UNHA APERTA GRANDE E FELIZ VERÁN! 

venres, 19 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

DESPOIS DOS MESES NAS BURBULLAS NAS QUE VIVIMOS IMOS DICINDO ADEUS A ESA ETAPA. TODOS TIVEMOS MOMENTOS BOS E MENOS AMABLES, PERO IMOS QUEDARNOS CO POSITIVO! 
COIDÁDEVOS MOITO  E PRUDENCIA QUE QUEREMOS REENCONTRARNOS PRONTO!