Seguidores

domingo, 28 de febreiro de 2021

TRAMAMOS ALGO



 

FÓSILES DE DINOSAUROS

 Martín compartiu connosco unhas reproducións de fósiles de dentes e garras de diferentes dinosauros. 



RADIO ACABANAS

 Radio Cabanas é o corazón do noso colexio. É moito máis que un espazo de radio escolar. Radio Cabanas únenos; radio Cabanas contribúe a crear un bo clima de convivencia, radio Cabanas axúdanos á expresión oral...Queremos a RADIO CABANAS!

Non deixedes de ver a entrevista a Rosalía!

 

sábado, 13 de febreiro de 2021

COMO MEDRAMOS!

Hai uns días buscando algo polo blog de Libroucho atopei un video de cando estabamos na aula de 3 anos.Compareino co video de Nadal. Hai que ver como medraron e que de cousas aprenderon!

O venres vímolos xuntos e falamos destas imaxes que, tan ben, reflicten o cambio.  






 

ALEGRÍA

 Alegría de estar xuntos cada día. Ata este curso non éramos conscientes do importante que é. Eu saboreo cada día como se fose un regalo. Grazas familias por cpidar e coidarnos.