Un dos proxectos que iniciamos este curso é Educación Responsable..
A través deste video podedes coñecer algo deste programa, aínda que o principal será o que vaiades vendo nos vosos fillos e fillas.
Un dos proxectos que iniciamos este curso é Educación Responsable..
A través deste video podedes coñecer algo deste programa, aínda que o principal será o que vaiades vendo nos vosos fillos e fillas.
Como sabedes, cada día unha música acompaña a nosa entrada. No blog Son de son podedes coñecer o que escoitamos, vemos e do que falamos. Sempre facemos a referencia á emoción que xorde, con total respecto...Son momentos únicos e irrepetibles.
Non deixedes de seguir esta estela de emoción.
Yann Arthus -Bertrand é un fotógrafo francés mundialmente coñecido polos numerosos libros de fotografías aéreas do noso planeta, as súas paisaxes e xentes. Na nosa Biblioteca temos algún. Tamén fai documentais coma este, do que presentamos algún cachiños...
Cada semana Nati ten un montón de propostas, retos ou desafíos, moi divertidas e creativos, cos que traballan un montón de conceptos.
Nesta proposta de "Conto xeométrico" xogaron a asociar as formas a un determinado conto e tamén a crear seus propios contos.
Hai na rede cancións que dan moito xogo. Ésta é unha delas. Despois de escoitala falamos de ser superheroes e superheroínas no colexio. Dixeron que podíamos rescatar gatos (igual é dificil atopar algún) pero seguro que dando unha volta polo colexio atopamos moito que facer.
Tiñan claro que unha misión pode ser axudar a un pequeno.
Para a misión preciso que teñan no colexio a máscara de inicio de proxecto e unha capa (se a tedes na casa) Eu podo conseguir para quen non teña capa.