Seguidores

mércores, 21 de outubro de 2020

CONTOS XEOMÉTRICOS

Cada semana Nati ten un montón de propostas, retos ou desafíos, moi divertidas e creativos, cos que traballan un montón de conceptos. 

Nesta proposta de "Conto xeométrico"  xogaron a asociar as formas a un determinado conto e tamén a crear seus propios contos. 











xoves, 15 de outubro de 2020

SUPERLOLA

 Hai na rede cancións que dan moito xogo. Ésta é unha delas. Despois de escoitala falamos de ser superheroes e superheroínas no colexio. Dixeron que podíamos rescatar gatos (igual é dificil atopar algún) pero seguro que dando unha volta polo colexio atopamos moito que facer. 

Tiñan claro que unha misión pode ser axudar a un pequeno. 

Para a misión preciso que teñan no colexio a máscara de inicio de proxecto e unha capa (se a tedes na casa) Eu podo conseguir para quen non teña capa. 




LER MOLA

 Este mes vaise inaugurar a Biblioteca. Libroucho pediunos que lle axudásemos a decorala. Despois de pensar que podíamos poñer no cartel. empezamos a facer as letras co  corpo. Outra forma de facer lectura e escritura. 

Eles mesmos dicían como poder facela. resultou realmente divertido. Para ver ben o efecto subimonos ás cadeiras. 






martes, 13 de outubro de 2020

CONTINUAMOS COS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

 Esta temática está a dar moito de sí. Hoxe contamos un conto moi bonito do que vos deixo o enlace. Nós vímolo en papel (sempre o prefiro). Despois da lectura falaron dos poderes que teñen seus pais e as súas nais. Xa veredes as conversas!



No xogo por recantos esta semana temos novas propostas. Mirade o que facemos en "creatividade" Precisamos o cartón do papel hixiénico. Eles xa saben que teñen que traelo. Nesta idade é importante que vaian facéndose responsables dos recados. 















martes, 29 de setembro de 2020

LETRAS AMIGAS

 Esta semana empezamos coa letra S.Resulta algo complicada a súa grafia por iso cando a facemos dicimos "curva para atrás e curva para diante" pois se imos para diante vai saír un 2 . 


O xogo de hoxe foi buscar pola clase obxectos que tivesen o son S en 2 minutos (para iso puxemos un cronómetro). Como somos 10 tiñamos que conseguir 10 puntosa e non foi tan mal, chegamos a 5. 


Neste curso, no que quizás falten máis por precaución e con síntomas leves,  enviarei aos que teñan que quedar na casa a tarefa desa semana. 

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS

 Como xa sabedes esta semana iniciamos un proxecto do que saben MOITO. Quedei abraiada coa cantidade de información que teñen. 

Hoxe xa empezamos a falar dos poderes que eles tiñan e cada un foi dicindo: velocidade, amabilidade, durmir moito...


En Son de son hoxe o tema era os Superheroes. Recordade entrar no blog para ver xuntos os videos. 


Deixo aquí un dos contos que vimos: 



xoves, 24 de setembro de 2020

OS ANIVERSARIOS

 Este curso imos celebrar os aniversarios do seguinte xeito. 

  • Cantando. 
  • Facendo un retrato.
  • Dicindo o que nos gusta dese neno ou nena ou as cousas que fai ben. 
  • Creando unha máquina ou artiluxio imaxinario de agasallo (cun debuxo) que poda gustarlle. 
Con esta actividade traballamos a creatividade e fomentamos a autoestima. 

Celebramos xa o de Martín e martina e virán os de Grisleiny e fFelipe pero iremos celebrando os aniverdarios dos que cumpriron anos no verán. Todos terán o seu día especial!