Isto de facer maquetas estase a converter nun vicio. Non hai mellor xogo que o que fai un mesmo.
Hoxe recibimos un agasallo de parte da ANPA.
"Un cole cheo de vida
unha lingua chea de vida"
O pasado xoves celebramos a festa dos Maios. A chuvia non nos deixou facer o planificado pero aínda así foi unha boa festa.
Durante varias sesións "os zapatos" foron protagonistas de moitas das propostas da mestra Nati: diversidade, empatía, ritmo...
Levan para casa un zapato especial para aprender a atar os cordóns. Na aula estivemos practicando un pouco pero precisan máis tempo. Anímosvos a aceptar o reto e cando o logren poder na aula velo.