Seguidores

domingo, 13 de decembro de 2020

ESCRIBIMOS POSTAIS

 Empezamos cunha nova actividade de escritura. 

Para querer escribir precisamos MOTIVACIÓN E unha FINALIDADE. 


Un día Martina chegou con felicitacións de Nadal para todos. Tras facer unha caixa de correos empezamos con esta actividade. 

Cada un escribiu o seu nome nun papel. Logo cada quen colleu un sen mirar. Na postal había que escribir por que me gustas. 


Desta maneira escribimos unha postal; non vexades como se concentraron! seguiremos escribindo!






mércores, 9 de decembro de 2020

ACTIVIDADE COLABORATIVA "PLANTAR PARA O PLANETA"

Nesta actividade participamos as familias, a ANPA e o colexio.

 Recordades cando na casa fixéchedes unha maceta? Pois xa están medrando as landras. Fainos moita ilusión ver como xerminaron.

Grazas ANPA por promover esta actividade! 




















xoves, 19 de novembro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE

 Un dos proxectos que iniciamos este curso é Educación Responsable.

A través deste video podedes coñecer algo deste programa, aínda que o principal será o que vaiades vendo nos vosos fillos e fillas. 





mércores, 11 de novembro de 2020

GRANDES MOMENTOS SON DE SON

 Como sabedes,  cada día unha música acompaña a nosa entrada. No blog Son de son podedes coñecer o que escoitamos, vemos e do que falamos. Sempre facemos a referencia á emoción que xorde, con total respecto...Son momentos únicos e irrepetibles. 


Non deixedes de seguir esta estela de emoción.


.  MÉRCORES 11/11.HUMAN,2015.

Yann Arthus -Bertrand é un fotógrafo francés mundialmente coñecido polos numerosos libros de fotografías aéreas do noso planeta, as súas paisaxes e xentes. Na nosa Biblioteca temos algún. Tamén fai documentais coma este, do que presentamos algún cachiños...

Recomendamosvos o de HOME(fogar), do ano 2009.
Aquí o tés, por se che interesa.
Outro tamén ben interesante é Planeta Océano.

mércores, 4 de novembro de 2020

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe fomos ver a biblioteca. Encantounos o novo espazo que temos. Alí estaba o amigo Libroucho.