11 NON É MAL NÚMERO!
Seguidores
martes, 10 de novembro de 2020
mércores, 4 de novembro de 2020
mércores, 21 de outubro de 2020
CONTOS XEOMÉTRICOS
Cada semana Nati ten un montón de propostas, retos ou desafíos, moi divertidas e creativos, cos que traballan un montón de conceptos.
Nesta proposta de "Conto xeométrico" xogaron a asociar as formas a un determinado conto e tamén a crear seus propios contos.
xoves, 15 de outubro de 2020
SUPERLOLA
Hai na rede cancións que dan moito xogo. Ésta é unha delas. Despois de escoitala falamos de ser superheroes e superheroínas no colexio. Dixeron que podíamos rescatar gatos (igual é dificil atopar algún) pero seguro que dando unha volta polo colexio atopamos moito que facer.
Tiñan claro que unha misión pode ser axudar a un pequeno.
Para a misión preciso que teñan no colexio a máscara de inicio de proxecto e unha capa (se a tedes na casa) Eu podo conseguir para quen non teña capa.
LER MOLA
Este mes vaise inaugurar a Biblioteca. Libroucho pediunos que lle axudásemos a decorala. Despois de pensar que podíamos poñer no cartel. empezamos a facer as letras co corpo. Outra forma de facer lectura e escritura.
Eles mesmos dicían como poder facela. resultou realmente divertido. Para ver ben o efecto subimonos ás cadeiras.
martes, 13 de outubro de 2020
CONTINUAMOS COS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS
Esta temática está a dar moito de sí. Hoxe contamos un conto moi bonito do que vos deixo o enlace. Nós vímolo en papel (sempre o prefiro). Despois da lectura falaron dos poderes que teñen seus pais e as súas nais. Xa veredes as conversas!
























