Seguidores

luns, 21 de xuño de 2021

RADIO CABANAS

 ª PARTE:



O PASO A PRIMARIA

 Hoxe os nenos e as nenas de primeiro estiveron na nosa clase contando a súa experiencia na etapa e respondendo ás preguntas que os de 5 facían. Daba gusto escoitalos! 





A CASA DA MOSCA CHOSCA

 Son días intensos con motas actividades e moitas emocións. Unha das actividades que tivemos foi a que veu da man dos de terceiro de primaria. Contáronno a historia de "A casa da mosca chosca". Grazas compañeiras e compañeiros. 




mércores, 2 de xuño de 2021

O PIRATA VALENTE

 Dende o equipo de normalización lingüística chegou esta proposta de facer un audiolibro. Despois vaise xerar un código QR que será pegado no libro. Desta maneira poderá escoitarse. Ademais de quedar un exemplar na nosa biblioteca vaise intercambiar co colexio de Miño. 

Con este traballo fixen a montaxe que achego. 



martes, 1 de xuño de 2021

LER MOLA!

 Ler os contos de Bubela é das actividades das que máis gozan. Onte saímos ao exterior a facer as nosas lecturas. 




luns, 31 de maio de 2021

martes, 25 de maio de 2021

OS CASTELOS

Isto de facer maquetas estase a converter nun vicio. Non hai mellor xogo que o que fai un mesmo.

 



 

martes, 18 de maio de 2021

GRAZAS ANPA

 Hoxe recibimos un agasallo de parte  da ANPA. 

"Un cole cheo de vida

unha lingua chea de vida"



Deixo aquí unha fermosa canción que escoitamos hoxe., 




FESTA DOS MAIOS

 O pasado xoves celebramos a festa dos Maios. A chuvia non nos deixou facer o planificado pero aínda así foi unha boa festa. 





mércores, 5 de maio de 2021

LER MOLA



ZAPATOS

 Durante varias sesións "os zapatos" foron protagonistas de moitas das propostas da mestra Nati: diversidade, empatía, ritmo...

 

Levan para casa un zapato especial para aprender a atar os cordóns. Na aula estivemos practicando un pouco pero precisan máis tempo. Anímosvos a aceptar o reto e cando o logren poder na aula velo.


.

domingo, 25 de abril de 2021

DÍAS DIFERENTES

Este curso as nosas saídas e outras actividades complementarias están bastante limitadas. Por iso gozamos cando os días traen novidades. 


Agradecemos ao Concello a actividade de contacontos de Caxoto. 



Xornadas de educaciçon vial. Grazas ao pai de Jesús polo semáforo. 




Entrevista relacionada co tema dos piratas. Grazas a Manuel, o pai de Felipe, pòr vir falar do tema e dar reposta a todas as preguntas.



. ..  





martes, 23 de marzo de 2021

sábado, 20 de marzo de 2021

XOGOS DE MESA

Os xogos de mesa ademais de proporcionar diversión son unha estupenda maneira de aprender a contar, facer operacións, cumprir as normas, superar o feito de non gañar...